InicioVal MiñorBaionaDetido un veciño de Baiona que simulou ser vítima dun secuestro

Detido un veciño de Baiona que simulou ser vítima dun secuestro

O home asegurou que o golpeaban durante días e usado a súa tarxeta bancaria, aínda que el mesmo retirou o diñeiro.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño de Baiona, de 45 anos de idade, por simular un delito, xa que denunciou ser vítima dun secuestro que nunca se produciu.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse o pasado 13 de xaneiro, cando un médico de Urxencias contactou co 091 para informar de que estaba a atender a un home que manifestaba estar retido varios días contra a súa vontade por un grupo de captadores.

Unha dotación policial acudiu a entrevistarse con este home, quen explicou que o secuestraban o 4 de xaneiro, cando saía dun caixeiro da rúa Gran Vía de Vigo. Segundo a súa versión, fora abordado por un individuo de complexión grande, que o metía á forza nunha furgoneta de cor branca, en cuxo interior había outros dous homes coa cabeza tapada e que falaban nunha lingua “do leste de Europa”.

Así, a suposta vítima relatou que lle cubriran a cabeza e atárano de mans, que lle retiraran o teléfono móbil, a tarxeta de débito e que lle esixían o PIN. Ao negarse a facilitalo, explicou, golpeáranlle na cabeza e noutras partes do corpo.

Durante os seguintes días, denunciou o home, seguiran golpeándoo con diversos obxectos, producíndolle queimaduras no corpo e a cara e ameazándoo. Mentres durou o suposto cativerio, afirmou que os seus secuestradores retiraron varias veces diñeiro da conta e o foron desprazando dun lugar a outro.

Nuns destes desprazamentos, asegurou, que tras unha forte freada da furgoneta, afrouxáronse as súas ataduras e aproveitou un descoido dos captadores para tirarse do vehículo en marcha.

Dúbidas sobre a versión do denunciante

Ao poñerse en marcha a investigación, a Policía comprobou que afloraban algunhas contradicións e dúbidas sobre a versión que dera o denunciante. Ademais, os axentes constataron que as retiradas de diñeiro que se fixeron na súa conta, por importe de case 3.500 euros, foran realizadas pola suposta vítima.

Ao avanzar nas pescudas puideron ratificar que o secuestro fora unha invención, polo que se procedeu á súa detención por simulación de delito.

Unha vez en Comisaría, comprobouse que este home tiña 6 antecedentes policiais. O detido e todas as actuacións pasaron ao dispor do xulgado de instrución número 6 de Vigo.

Máis casos de simulación de secuestro

Fontes policiais sinalaron que este non é un caso illado, xa que o ano pasado unha muller denunciou ser vítima dun secuestro e de abusos por parte de tres homes estranxeiros.

A muller asegurou á Policía que a meteran á forza nun coche e que a levabaran a unha zona próxima a Chapela, onde a retiveron tres horas. Finalmente, relatou a denunciante, lograra escapar nun descoido dos seus captadores, que estaban bébedos.

Nese caso, os investigadores tamén lograron descubrir que o secuestro era falso, e que todo fora unha invención da muller para chamar a atención da súa parella.

A Policía lembrou que as falsas denuncian causan un grave prexuízo ao seu labor, debido a que se detraen efectivos técnicos e humanos para investigar feitos que nunca se produciron. “É un abuso ás administracións facer un uso innecesario dos seus limitados recursos”, apuntaron fontes policiais, que tamén engadiron que as simulacións de delito son infraccións penais.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...