InicioVal MiñorNigránInterceptado a 121 km/h un motorista nunha vía protexida para ciclistas limitada...

Interceptado a 121 km/h un motorista nunha vía protexida para ciclistas limitada a 50 en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou en Nigrán (Pontevedra) a un motorista cando circulaba a 121 quilómetros por hora nun tramo de vía limitado a 50 que, ademais, está considerado de “especial vixilancia” como ruta protexida para ciclistas.

Así o sinalou o Instituto Armado nun comunicado en relación aos feitos que sucederon ás 17,20 horas do pasado domingo na PO-552 (Vigo-Tui), á altura de Nigrán. Alí un equipo radar do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño detectou a unha motocicleta que “excedía en 71 quilómetros o límite dun tramo integrado nunha ruta de especial vixilancia para ciclistas, que está sinalizado a 50”.

“A grave irresponsabilidade deste mozo condutor, de 21 anos, veciño de Gondomar, pode levar aparellada a perda de seis puntos do saldo do seu permiso de conducir, ademais dunha sanción económica de 600 euros“, destaca a Benemérita.

Por parte do Subsector de Tráfico da Garda Civil advírtese de que estas condutas “constitúen os principais factores de risco que concorren nos accidentes en xeral” e “nos máis graves en particular, iso supón un grave problema de seguridade viaria, non só para os responsables, senón tamén, para os demais condutores e outros usuarios”, advirte.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...