InicioVal MiñorNigránPolítica Social denegoulle o dereito de conciliación a unha das súas traballadoras,...

Política Social denegoulle o dereito de conciliación a unha das súas traballadoras, cun menor a cargo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, rexeitou o dereito de adaptar o horario laboral dunha traballadora da Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) dependente da mesma consellería. Unha situación paradóxica logo de que a propia consellería teña entre as súas prioridades precisamente a conciliación e as axudas ás familias monoparentais con fillos menores a cargo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou un recurso de suplicación que presentou a Consellería de Política Social contra unha sentenza que recoñecía o dereito dunha traballadora a adaptar a súa xornada, para conciliar a súa vida laboral e familiar.

A traballadora desempeña o seu labor desde 2019 como limpadora da Residencia de Tempo Libre de Panxón, dependente da Consellería de Política Social, en quendas alternas de mañá e tarde. En outubro de 2023 solicitou adaptar a súa xornada, para traballar só en horario de mañá, para conciliar, xa que é nai dun fillo menor de idade ao seu cargo e familia monoparental, pero a súa petición foi denegada.

No seu momento, a Consellería alegou que a residencia é un centro de “actividades descontinuas ao longo do ano”, e que as camareiras limpadoras levan a cabo tarefas de luns a domingo en quendas de mañá e tarde. Segundo a relación de postos de traballo todos os postos dese colectivo teñen recoñecido un complemento salarial de singularidade de especial dedicación que retribuye o traballo a quendas, expuxo a administración.

Política Social presentou recurso de suplicación e o alto tribunal galego rexeitouno nunha resolución do pasado 19 de xuño, facendo seus os argumentos da primeira sentenza, e lembrou que esa obrigación de negociar e justificar a negativa é “tan clara e evidente que non necesita maior xustificación”, e se non se respecta, a negativa é “inxustificada”. “Se a empresa non puidese ser compelida a cumprir a dita obrigación, esta non sería tal, senón papel mollado”, sinala a resolución do TSXG.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...