InicioVal MiñorBaionaA praia da Barbeira "móvese" a Gondomar para acoller o seu festival...

A praia da Barbeira “móvese” a Gondomar para acoller o seu festival logo de 4 anos en Baiona

O festival Barbeira Season Fest nacido en Baiona, de aí o nome do seu areal, terá lugar entre o 21 e 24 de setembro, e manterá íntegro o seu cartel.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival Season Fest xa ten novo emprazamento. Celebrarase do 21 ao 24 de setembro en dous lugares estratéxicos do municipio de Gondomar: o Parque da Coelleira e o Parque das Ánimas.

Isaac González, director do Season Fest, di sentirse “moi satisfeito” coa nova ubicación. “Gondomar permítenos permanecer no Val Miñor, unha das zonas máis bonitas e con máis recursos do sur da provincia de Pontevedra”, sinala. Ademais, comenta que “outro dos propósitos era buscar un lugar achegado ao emprazamento anterior para non romper os plans de toda a xente que xa mercara o seu abono e tiña hoteis reservados pola zona”.


Pola súa banda, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, declara que “Gondomar recibe ao festival cos brazos abertos e agradecemos a confianza da organización. É unha honra para nós acoller un festival desta categoría. Ademais, que mellor ocasión que esta para que un veciño ilustre de Gondomar, como Iván Ferreiro, poida ofrecer un gran concerto na súa casa.”


A organización do Season Fest, anuncia ademais que manteráintegramente o cartel que se fixera público hai uns meses. Xoel López, Iván Ferreiro, Triángulo de amor bizarro, os portugueses Capicúa e os grupos emerxentes do panorama independente de dentro e fóra de Galicia Margarita quebrada, Anabel Lee, Xenia, Firmado, Carlota, Lusillón, Aeronave adolescente, Visions of Johanna,
Sr. Jingles, Habitación Vudú, Tarde a todo
e Señora DJ, son os grupos confirmados para esta nova edición do Season Fest coa que o festival cumpre o seu 5º aniversario.

Entradas e abonos á venda
O público que queira asistir ao Season Fest pode mercar xa o abono na súa web. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán mercar as entradas ao Season Fest cun 15% de desconto.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...