InicioSucesosDetido en Vigo un home de 33 anos tras negarse a pagar...

Detido en Vigo un home de 33 anos tras negarse a pagar catro cervexas e tentar morder aos axentes de Policía

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home; D. L. A, de Vigo e 33 anos de idade, tras negarse a pagar varias consumicións nun bar da cidade olívica e resistirse aos axentes, aos cales, mesmo, tentou morder.

Segundo fontes policiais, os feitos tiveron lugar o pasado venres, 13 de xaneiro, nunha cafetaría situada na rúa Urzáiz de Vigo. Tal e como sinalou a Policía Local nun comunicado, no establecemento atopábase un home que, tras consumir catro cervexas, negouse a abonar as consumicións.

Ante esta situación, requiriuse a intervención dos axentes ás 13,14 horas. Alí, os actuantes dirixíronse ao aludido co fin de solicitar o seu testemuño. O home recoñeceu consumir as bebidas e negarse a pagalas, fíxoo alegando que “lle debían diñeiro”. Ante estas manifestacións, e ao obxecto de elaborar o pertinente informe para a correspondente reclamación, os funcionarios solicitáronlle a súa identificación.

Lonxe de facilitar os seus datos, o home comezou a mostrarse agresivo, insultando aos axentes e proferindo ameazas. Os policías desprazados trataron de tranquilizalo, informándolle que de manter a súa actitude, incorrería nun delito de desobediencia. Lonxe de conseguir tranquilizar ao home, este mostrouse cada vez máis agresivo e, mesmo, chegou a golpearse a fronte contra a fachada dun edificio.

Para evitar que o home seguise “autolesionándose”, os actuantes trataron de suxeitalo, comezando este a bracear, lanzar patadas e tentar morder aos axentes. Por iso, a Policía Local de Vigo procedeu á súa detención, pola suposta comisión dun delito de desobediencia e resistencia.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...