InicioVal MiñorBaionaLocalizan en bo estado o submarinista que buscaban os equipos de emerxencia...

Localizan en bo estado o submarinista que buscaban os equipos de emerxencia en Baiona

O home estaba zona vella do municipio pontevedrés.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As forzas de seguridade localizaron en bo estado na zona vella do municipio pontevedrés de Baiona ao home que buscaban desde esta tarde despois de que familiares denunciasen a súa desaparición mentres realizaba pesca submarina.

Ao recibir a información acerca da súa localización, que non saíra ao mar, anulouse a intervención dos medios de rescate.

O 112 Galicia tivera coñecemento desta desaparición preto das 19,00 horas. Nese momento, a Policía Local informaba á central de emerxencias que familiares do mergullador alertaran aos servizos de emerxencia que a última comunicación establecida con el produciuse ás 11,50 horas.

Con estes datos, os operadores do 112 puxeron os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero de rescate Pesca 1 para rastrexar a zona na que fora visto por última vez.

Ademais, deron aviso aos axentes da Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil do Val Miñor e aos profesionais sanitarios.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...