InicioSucesosTrasladada unha persoa ao Álvaro Cunqueiro logo dun accidente en Tui

Trasladada unha persoa ao Álvaro Cunqueiro logo dun accidente en Tui

Unha muller necesitou axuda despois de perder o control do seu vehículo na Rúa Lajes do Pico en Cangas.

PUBLICADO O

- Advertisement -


Durante a madrugada, un accidente na estrada que une Tui e Monte Aloia, finalizou cunha persoa trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Ocorreu ás 03,45 e un dos implicados foi quen chamou ao 112 Galicia pra pedir axuda. No seu relato, indicaba que o vehículo saíu da vía cando trataron de esquivar un xabaril e caeu por un terraplén.

O 112 puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, dos Bombeiros do Porriño, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Tui. De acordo cos equipos de intervención que acudiron ao momento, o turismo sería retirado do lugar coa axuda dun guindastre.

PERDA DE CONTROL DE VEHÍCULO EN CANGAS

Por outra banda, outro accidente en Cangas mobilizou aos equipos de emerxencia na mañá deste sábado. Unha muller necesitou axuda despois de perder o control do seu vehículo na Rúa Lajes do Pico, á altura do número 16. O alertador que chamou ao 112, preto das 08,00 horas, informaba que o vehículo estaba nunhas escaleiras, na baixada de Simón, e que a condutora parecía ter dificultades para abandonalo polos seus propios medios.

Finalmente, os profesionais sanitarios puideron auxiliar a ferida e sacala do vehículo sen a necesidade do emprego de materiais de excarceración. A muller foi trasladada ao Hospital Povisa.

O equipo médico contou co respaldo e apoio dos axentes da Policía Local, dos Bombeiros do Morrazo e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas. Así mesmo, desde o 112 avisouse tamén aos Bombeiros de Vigo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico, por se fose necesaria a súa colaboración.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...