InicioSucesosSeis empresarios serán xulgados desde este martes ao emitir facturas ficticias por...

Seis empresarios serán xulgados desde este martes ao emitir facturas ficticias por 1,2 millóns

Leva o caso o Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Seis empresarios de Vigo serán xulgados desde este martes polo Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica por emitir facturas ficticias por valor de case 1,2 millóns de euros.

Segundo o escrito fiscal, os feitos remóntanse aos anos 2016 e 2017, momento no que os seis empresarios supostamente emitiron facturas ficticias por servizos de compravenda, exportación e importación de material informático e servizos de telecomunicacións.

Este martes, 10 de xaneiro, sentará no banco o primeiro dos acusados, ao que se lle imputa un delito continuado de falsidade en documento mercantil ao presuntamente emitir facturas ficticias por valor duns 128.000 euros.

O Ministerio Fiscal solicitou para el un ano e nove meses de prisión, ademais de noves meses de multa cunha cota de seis euros por día e a responsabilidade persoal subsidiaria por falta de pagamento en legal forma.

Para o resto de acusados, a Fiscalía solicitou penas de entre seis meses e dous anos e seis meses de prisión, multas de entre 1.000 e 4.000 euros, así como a responsabilidade persoal subsidiaria por falta de pagamento en legal forma.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...