InicioSucesosDetido en Vigo un mozo por violencia de xénero tras discutir coa...

Detido en Vigo un mozo por violencia de xénero tras discutir coa súa parella

Detido outro mozo por agredir a súa parella.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home de 22 anos de idade pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero tras discutir coa súa parella. Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar o pasado sábado, 24 de decembro, ás 17,39 horas cando a Sala de Comunicacións do 092 recibiu unha chamada na que se alertaba dunha moza que se atopaba á beira dun vehículo, coa man ensanguentada e pedindo auxilio, na rúa Mariña Mansa.

Unha vez os axentes chegaron á zona, observaron á aludida, unha muller de 22 anos de idade, xunto a un turismo que tiña a lúa dianteira esquerda fracturada. A moza manifestou aos funcionarios que, minutos antes, iniciara unha discusión coa súa parella por unha cuestión de carácter económico, baixándose o home do vehículo e golpeando a lúa dianteira esquerda, fracturándoa e impactando os cristais rotos nas mans da muller.

Tal e como sinalou a Policía Local nun comunicado, o home “tiña episodios de agresividade”, chegando en ocasións a “empuxar á muller”. Os actuantes localizaron ao aludido a poucos metros do lugar, resultando ser, D.E.L.G, de Venezuela e 22 anos de idade. Finalmente, a Policía Local procedeu á súa detención pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

AGRESIÓN

Por outra banda, a Policía Local de Vigo detivo a un home de 20 anos de idade por agarrar do pescozo, tirar ao chan e dar unha patada á súa parella antes de fuxir dos axentes.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...