InicioSucesosUn accidente na Ponte de Rande provoca retencións quilométricas na AP-9 en...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións quilométricas na AP-9 en Chapela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente á entrada da Ponte de Rande provocou grandes retencións na autoestrada AP-9 á altura do barrio redondelano de Chapela na mañá deste luns.

Tal como informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 08,20 horas na AP-9 dirección Pontevedra e foi un particular implicado na colisión o que informou os servizos de emerxencia. O aludido asegurou que se viu envolvido nun accidente entre dous vehículos á altura da Ponte de Rande, sen resultar ferido, pero descoñecía se algunha persoa do outro vehículo si o estaba.

Por iso, deuse aviso aos servizos sanitarios, á Garda Civil, á Policía Local e ao servizo de mantemento da estrada. Este incidente provocou retencións quilométricas na AP-9 durante máis de media hora, mentres o persoal trataba de disuadir a situación.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...