InicioSucesosDetido en Vigo un home sobre o que constaba unha orde de...

Detido en Vigo un home sobre o que constaba unha orde de procura e detención

Unha chamada alertou de que o individuo tocaba as portas de acceso a varios pisos da rúa Corvo Mariño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home, G.R.G. de Vigo e 48 anos de idade, sobre o que constaba en vigor unha orde de procura, detención e presentación emitido polo Xulgado do Penal número 3 da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, na tarde deste xoves, 15 de decembro, a Sala de Comunicacións do 092 recibiu ás 20,10 horas unha chamada na que se alertaba de que un individuo tocaba as portas de acceso a varios pisos da rúa Corvo Mariño e observaba posteriormente polas mirillas, presumiblemente para comprobar se había alguén no interior.

Unha vez no lugar, os axentes localizaron o home, aínda no interior da zona de vivendas, procedendo á súa identificación.

Tras realizar o cotexo e verificación telemática dos seus datos, os funcionarios pescudaron que sobre o home constaba unha orde de procura, detención e presentación emitido polo Xulgado do Penal número 3 de Vigo

Por iso, a Policía Local detivo ao home de 48 anos, en cumprimento do mandato xudicial, e pasando este a disposición do órgano competente.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...