InicioSucesosDetido en Vigo por agredir á súa nai de 80 anos que...

Detido en Vigo por agredir á súa nai de 80 anos que padece alzheimer

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, B.M.J.P. de Vigo e 57 anos de idade, foi detido na noite do pasado sábado na cidade olívica tras agredir á súa nai, unha muller de 80 anos que padece alzheimer.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron pasadas as 22,30 horas, cando a irmá do agora detido alertou aos axentes despois de que o home agredira á nai de ambos na súa casa, situada no camiño Meixoeiro.

Unha vez no lugar, a muller explicou aos actuantes que o seu irmán losqueara á anciá. Ademais, ao recriminarlle dita acción, ela tamén recibira como resposta un forte empuxón, momento no cal chamou á Policía. Por todo iso, o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar, mostrando unha “forte resistencia activa”, braceando e tratando de agredir aos funcionarios.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...