InicioSucesosFalece a catedrática Inmaculada Paz Andrade, honoris causa pola UVigo en 2018

Falece a catedrática Inmaculada Paz Andrade, honoris causa pola UVigo en 2018

PUBLICADO O

- Advertisement -

catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María Inmaculada Paz Andrade (Pontevedra, 1928) faleceu nas últimas horas, segundo informou a Universidade de Vigo (UVigo), que a nomeou doutora honoris causa en 2018.

Considerada unha referencia mundial nos ámbitos da microcalorimetría e calorimetría diferencial de varrido, Paz Andrade foi a primeira muller nomeada visiting research professor da Universidade de Manchester, en 1979.

Antes, fora tamén a primeira profesora adxunta interina na USC, en 1964. Ademais, en 1983 converteríase na primeira catedrática de Física Aplicada e tres décadas despois sería recoñecida como a primeira investigadora coa medalla de ouro da Real Sociedade Española de Física.

O 2 de maio de 2018, aos 89 anos de idade, converteuse na primeira pontevedresa nomeada doutora honoris causa pola UVigo.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...