InicioVigo e contornaRedondelaFerida unha persoa nunha colisión entre dous coches e un camión na...

Ferida unha persoa nunha colisión entre dous coches e un camión na AP-9 en Redondela

As outras cinco persoas que se viron implicadas na colisión resultaron ilesas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida nunha colisión entre tres vehículos ocorrida este venres na autoestrada AP-9 ao seu paso pola localidade de Redondela. O accidente, que involucrou dous turismos e un camión de transporte, tivo lugar no quilómetro 151 de vía.

Un particular alertaba ao CIAE 112-Galicia pasados escasos minutos das 15,00 horas, informando dunha colisión nas proximidades do túnel previo á ponte de Rande. Os vehículos obstaculizaban un dos carrís de circulación e quedaran restos materiais esparexidos polo asfalto.

Tras finalizar a súa intervención, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou ao 112 o traslado dunha persoa ferida. Pola súa banda, as outras cinco que se viron implicadas na colisión resultaron ilesas. Ademais dos servizos sanitarios, o 112 tamén solicitou a intervención da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento das estradas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...