InicioSucesosDetido en Vigo un home tras agredir á súa parella en plena...

Detido en Vigo un home tras agredir á súa parella en plena rúa diante dos seus fillos menores

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, H.A.C.C. de Paraguai e 35 anos de idade, foi detido en Vigo na noite do pasado domingo tras agredir á súa esposa en plena rúa diante dos seus fillos menores. Tal como informou a Policía Local, os feitos tiveron lugar sobre as 20,00 horas, cando a muller solicitou presenza policial porque o seu marido se estaba pondo violento e agresivo.

Unha vez no domicilio, o home negou os feitos, pero ela, que estaba pechada nunha habitación por medo, indicou que fora vítima dunha agresión na vía pública por parte da súa parella, durante a cal o home tiroulle dos pelos, guindou o móbil ao chan e insultouna a berros en presenza dos seus fillos menores.

O motivo, segundo o seu relato, foi a chamada de atención da muller ao home pola gran inxesta de alcol que fixera ao longo da tarde. Por todo iso, o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...