InicioSucesosDeteñen a unha persoa como presunta responsable do incendio que afectou a...

Deteñen a unha persoa como presunta responsable do incendio que afectou a Ponteareasen agosto

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Vigo, en colaboración con axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) detiveron a unha persoa como presunta responsable do incendio que afectou o municipio pontevedrés de Ponteareas en agosto.

O lume, lembra a Xunta nun comunicado, rexistrouse o 28 de agosto na parroquia de Cristiñade e afectou a 300 metros cadrados de superficie arboredo.

Destacan ademais que o detido xa fora apresado “por feitos similares en épocas anteriores”. As dilixencias iniciáronse, detallan, grazas á información achegada polos axentes ambientais da UIFO de Medio Rural, así como pola colaboración cidadá, “xa que o presunto autor foi detectado nas inmediacións do punto de inicio do lume”. O atestado policial xa foi remitido ao Xulgado de Instrución Número 1 de Ponteareas.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...