InicioVigo e contornaMosTres feridos nunha colisión entre outros tantos coches en Mos

Tres feridos nunha colisión entre outros tantos coches en Mos

Os tres foron trasladados a hospitais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios ao resultar feridas nunha colisión entre outros tantos coches que ocorreu no mediodía deste venres en Mos.

Segundo informa o 112 Galicia, dous dos afectados –unha muller e un home– foron trasladados a Povisa, mentres que a outra persoa foi derivada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O choque ocorreu no punto quilométrico 12 da A-55 sobre as 14,15 da tarde. A esa hora, varios particulares chamaban á central de emerxencias para alertar do ocorrido.

Seguidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES e do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, e do servizo de mantemento da vía.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo será xulgado tamén por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá o...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...