InicioSucesosDetida unha muller por agredir a varias persoas e a a un...

Detida unha muller por agredir a varias persoas e a a un axente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 34 anos de idade, N.A.R., natural de Vilaboa, por causar un altercado nun local, agredir a varias persoas e golpear a un dos axentes que interviñeron no incidente.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste domingo, cando unha dotación do 092 acudiu ás inmediacións dun local na Avenida da Florida, onde se estaba producindo unha rifa.

Ao chegar os axentes, observaron a un home que trataba de zafarse dunha muller. Segundo explicou este home, a aludida consumira no local sen abonar o gasto e agredira a outras mulleres sen mediar provocación algunha.

No exterior do establecemento atopábanse as dúas persoas supostamente agredidas, unha das cales presentaba un golpe nun beizo e outro nunha coxa.

Os policías identificaron á presunta agresora que, ao ser preguntada sobre o sucedido, comezou a facer espaventos e a mostrarse agresiva cos funcionarios, chegando a golpear no peito a un deles. Por estes feitos, foi detida por un suposto delito de atentado contra axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...