InicioSociedadePrisión provisional por risco de fuga para o octoxenario que acoitelou un...

Prisión provisional por risco de fuga para o octoxenario que acoitelou un veciño en Nigrán

A Audiencia Provincial de Pontevedra desestima o recurso presentado polo agresor, de 86 anos de idade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso presentado polo octoxenario detido o pasado 11 de maio tras acoitelar un veciño en Nigrán, e ratificou a prisión provisional acordada polo xulgado de instrución.

Fontes xurídicas confirmaron a Europa Press que o tribunal provincial desestimou a petición da súa representación procesual para que se lle permitise saír do cárcere. Así, a Audiencia mantén a prisión provisional alegando que persiste o risco de fuga e mesmo o risco de que o investigado atenche contra bens da vítima.

Este home, de 86 anos de idade, foi detido pola Garda Civil na noite do pasado 11 de maio, tras atacar un veciño cun coitelo despois de recriminarlle o consumo de auga que facía ao lavar un vehículo.

A vítima sufriu cortes en varias zonas do corpo, os máis profundos nun brazo, polo que foi evacuado, primeiro a un Punto de Atención Continuada e logo ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Mentres, o presunto agresor foi detido e posto a disposición do xulgado de instrución de Vigo, que acordou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza, como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...