InicioSucesosCatro persoas investigadas en Tui por vender por internet cans que falecían...

Catro persoas investigadas en Tui por vender por internet cans que falecían ao pouco de ser entregados

Están acusadas de delitos de estafa, malos tratos animais e pertenza a grupo criminal organizado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civl puxo a disposición xudicial a catro persoas, veciñas de Tui por supostamente dedicarse a vender cans a través de Internet, que acababan falecendo aos poucos días de ser entregados aos compradores. Tal como informou a Benemérita, atribúeselles a presunta comisión de delitos de estafa, malos tratos animais e pertenza a grupo criminal organizado.

As investigacións iniciáronse a finais do ano pasado, despois de recibir varias denuncias de persoas que compraran un can ‘en liña’ de tamaño pequeno e que se lles morreu aos poucos días de adquirilo, algúns deles por parvovirose, unha enfermidade moi contaxiosa e mortal para os cans. Ademais, os informes veterinarios corroboraban que os cans se atopaban nunhas condicións sanitarias “moi deficientes”.

Entre os prexudicados atopábanse dúas persoas da provincia da Coruña, unha de Pontevedra e outra de Valencia, aínda que a Garda Civil non descarta que poida haber máis afectados.

Con estes datos, os axentes lograron identificar os presuntos autores da venda dos animais, catro homes de Tui, que estaban a enviar as mascotas a través dunha empresa de transportes a diferentes puntos da xeografía española.

Comprobouse que durante 2021 publicaron nunha páxina web a venda de máis de 100 cans de distintas razas, utilizando diferentes nomes e núcleos zoolóxicos, dando así aparencia de legalidade.

Tamén usaban liñas de teléfono distintas para contactar con compradores, que na súa maior parte se daban de baixa aos poucos meses de telas activado e borrábanse os anuncios cando os prexudicados lles reclamaban os gastos veterinarios ou a devolución do importe pago polo can.

Segundo a información facilitada pola Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, ningunha das persoas investigadas posuía autorización para a cría e venda de animais, que se entregaban sen cumprir os requisitos que establece a lei de protección e benestar animal, por exemplo sen microchip nin certificación veterinaria sobre o estado de saúde dos cans.

Tamén se puido constatar que nalgúns casos os cans eran vendidos con menos dun mes de vida, contra a norma que prohibe que os cachorros poidan ser separados das súas nais antes das dez semanas, para evitar problemas de saúde e comportamento.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de Tui, onde deberán comparecer os investigados cando sexan requiridos para iso.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...