InicioSucesosRetencións á entrada do túnel da Madroa por un accidente con tres...

Retencións á entrada do túnel da Madroa por un accidente con tres coches implicados e tres feridos

Un dos vehículos envorcou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente de tráfico con tres vehículos implicados, un dos cales envorcou, saldouse con tres persoas feridas, e causou retencións na autoestrada AP-9, a altura da parroquia viguesa de Teis, en sentido de circulación cara a Tui.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia, os servizos de emerxencias recibiron avisos de varios usuarios da autoestrada sobre as 16,30 horas, tras producirse un accidente con tres coches implicados, un dos cales envorcara, e alertaban de que podería haber dúas persoas feridas.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada do 061, que atendeu no punto dous homes, D.S.,de 46 anos e E.M.R. de 43 anos, e a unha muller, A.C.C., de 64 anos de idade. Os feridos foron trasladados a centros médicos por ambulancias.

O sinistro tivo lugar no km 1.001 da autoestrada, en sentido Tui, na zona do túnel da Madroa, e o 112 Galicia mobilizou efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Bombeiros de Vigo (aínda que finalmente non había persoas atrapadas nos coches), Garda Civil de Tráfico, Policía Local e o servizo de mantemento da autoestrada.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...