InicioVigo e contornaVigoSusto na Festa da Lamprea: un acróbata da Olympus cae dende o...

Susto na Festa da Lamprea: un acróbata da Olympus cae dende o alto do escenario

A evolución do accidentado é favorable, segundo publicou o grupo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un acróbata da orquestra Olympus caeu do alto do escenario mentres realizaba un número durante a actuación, esta pasada noite, na Festa da Lamprea de Arbo. Segundo relataron testemuñas presenciais, o acróbata precipitouse cando se atopaba a varios metros de altura.

Aínda que no momento o home quedou inmóbil no chan, provocando desasosego entre compañeiros e asistentes á festa, a orquestra confirmou esta mañá mediante un comunicado publicado nas súas redes sociais, que “todo quedou nun susto” e que o estado do acróbata é “favorable”.

No mesmo, a agrupación agradece ao persoal sanitario presente na verbena, a protección civil, á organización da festa e ao propio alcalde “a súa axuda, empatía e comprensión”. “Só nos queda dicir que sen ningunha dúbida e con todas as nosas forzas desexámoslle ao noso compañeiro unha pronta recuperación e dicirlle que neste equipo estamos sempre unidos nas boas e nas malas. O show debe continuar”, concluíu a formación o seu comunicado.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...