InicioSucesosMáis de medio cento de feridos no accidente do Marisquiño

Máis de medio cento de feridos no accidente do Marisquiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grave accidente que tivo lugar este domingo pola noite durante a celebración dun concerto do Marisquiño ten un balance provisional de máis de medio cento de feridos.

Segundo fontes de Emerxencias, o persoal sanitario tería atendido a máis de 50 persoas con feridas de diversa consideración. A Policía Nacional xa descartou que haxa mortos neste accidente.

O sinistro tivo lugar durante o último concerto do Marisquiño, cando parte do peirao do porto de Vigo cedeu e provocou que a xente caíra, algunha mesmo a auga. Testemuñas directas aseguran que a sensación foi “como dunha avalancha caendo uns por riba dos outros”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...