InicioSucesosDetido en Vigo un mozo de 23 anos por agredir a un...

Detido en Vigo un mozo de 23 anos por agredir a un menor e romperlle o pómulo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, B.G.L. de 23 anos de idade, foi detido en Vigo na madrugada deste martes despois de agredir a un menor e causarlle unha fractura no pómulo esquerdo, así como danos no beizo.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 01,50 horas, cando unha patrulla que circulaba por cálea Concepción Arenal observou a un mozo gritando coa roupa ensanguentada e lesións no rostro, o cal estaba acompañado doutros rapaces.

Os acompañantes do ferido explicaron que momentos antes, na Praza da Princesa, un mozo déralle varias puñadas por tratar de mediar nun altercado entre un amigo seu e o autor dos feitos.

A vítima, de 17 anos, foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde corroboraron que tiña unha fractura no pómulo esquerdo e danos no beizo, polo que sería tratado por un cirurxián maxilofacial.

Os actuantes trasladáronse á Praza da Princesa, onde localizaron ao individuo, que tiña os puños ensanguentados. O home recoñeceu a pelexa e foi detido pola gravidade das feridas.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...