InicioSucesosDetidos dous homes pola brutal malleira a dous mozos de 20 e...

Detidos dous homes pola brutal malleira a dous mozos de 20 e 21 anos en Vigo

Outro xa fora detido tres días dspois dos feitos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous homes foron detidos como presuntos autores da brutal malleira a dous mozos de 20 e 21 anos a finais do mes de xaneiro en Vigo, segundo confirmaron fontes da Policía Nacional.

Así, estes dous homes pasarán a disposición xudicial este martes, despois de máis de 15 días de procura destes dous supostos agresores. Os feitos sucederon sobre as 5 da madrugada do domingo día 30 de xaneiro, cando dous mozos tiveron que ser hospitalizados tras recibir unha malleira na rúa María Berdiales de Vigo.

Cando os axentes chegaron ao lugar, atopáronse con dous mozos de 20 e 21 anos, vítimas da malleira, un deles coa cara ensanguentada e o outro seminconsciente. Pola súa banda, os agresores fuxiran á carreira.

Dous días despois dos feitos, un home foi detido como presunto autor dos feitos, aínda que posteriormente foi posto en liberdade con cargos. Agora, dous homes máis foron detidos.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...