InicioSucesosDenunciados varios condutores por participar nunha carreira ilegal en Salceda

Denunciados varios condutores por participar nunha carreira ilegal en Salceda

A convocatoria fíxose través de redes sociais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil denunciaron varios condutores que participaron nunha carreira ilegal no concello de Salceda de Caselas, tras unha ‘quedada’ realizada a través de redes sociais.

Segundo informaron fontes policiais, axentes do GIAT do Subsector de Tráfico de Pontevedra, coa colaboración de patrullas de Seguridade Cidadá e da Policía Local de Salceda sorprenderon na madrugada do pasado venres a varios condutores realizando carreiras ilegais nas proximidades dun campo de fútbol en Salceda, onde tamén se congregou numeroso público.

Á chegada dos axentes, varios dos participantes trataron de fuxir do lugar, pero foron identificados a maioría deles.

Segundo apuntou a Garda Civil, esta zona apartada de Salceda foi escenario outras veces de carreiras ilegais de vehículos. Trátase de viarios que se atopan ao redor dun campo de fútbol, trazando unha ruta circular, onde os participantes practican unha condución extrema e temeraria.

Así, superan a velocidade máxima permitida, fan ‘trompos’ e derrapes, actuando con gran risco para eles mesmos e para o resto de persoas que presencian as carreiras.

Ademais, preto da zona hai vivendas, e os veciños expresaron en varias ocasións o seu malestar polo ruído e as molestias que se xeran con esta actividade.

Tras as identificacións, a Garda Civil tramita varias denuncias administrativas por condución temeraria. Os expedientes poden acabar coa detracción de ata 6 puntos do permiso de condución e multas de ata 500 euros.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...