InicioSucesosInvestigado por condución temeraria un veciño de Tomiño cuxa infracción puido verse...

Investigado por condución temeraria un veciño de Tomiño cuxa infracción puido verse nun programa de televisión

Enfróntase á perda de 6 puntos do permiso de conducir e a unha sanción de ata 500 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño de Tomiño como suposto autor dunha infracción por condución temeraria, despois de que a súa actuación ao volante se puidese ver nun programa informativo emitido na Televisión de Galicia. Segundo informaron fontes do Instituto Armado, as imaxes foron emitidas o pasado 31 de xaneiro, e nelas apréciase como un turismo fai un adiantamento antirreglamentario, nunha zona de visibilidade reducida. O coche pasou a liña continua e invadiu o carril contrario, polo que circulaba unha motocicleta, que tivo que realizar unha manobra evasiva para evitar a colisión.

O GIAT do subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra iniciou as xestións para confirmar a vía e lugar concretos onde se produciron os feitos, e para tentar localizar ao condutor do turismo. Así, os axentes puideron pescudar que a infracción se cometeu na estrada PO-244, que une Ponte Caldelas e Soutomaior, no quilómetro 5,900.

O condutor do coche implicado resultou ser un veciño de Tomiño, de 30 anos de idade, que foi denunciado administrativamente por condución temeraria. Este home enfróntase á perda de 6 puntos do permiso de conducir e a unha sanción de ata 500 euros.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...