InicioSucesosRetirados da venda 1.500 xoguetes na provincia por non cumprir a normativa...

Retirados da venda 1.500 xoguetes na provincia por non cumprir a normativa de seguridade

Os axentes de Patrulla Fiscal e de Fronteiras detectaron irregularidades en 13 dos 42 establecementos inspeccionados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil retirou da venda case 1.500 xoguetes que foron requisados na provincia de Pontevedra por non reunir as condicións esixidas de seguridade nas diferentes directivas do Consello Europeo, segundo informaron fontes do Instituto Armado.

Estas intervencións tiveron lugar no marco dunha campaña de inspeccións desenvolvidas nos últimos dous meses en diferentes locais da provincia, tanto en establecementos almacenistas como en bazares polo miúdo, onde se venden xoguetes a baixo custo e maioritariamente rexentados por cidadáns de orixe asiática.

Así, os efectivos de Patrulla Fiscal e de Fronteiras detectaron irregularidades en 13 dos 42 establecementos inspeccionados, que deron lugar á tramitación de 13 actas por infraccións administrativas de contrabando. Como consecuencia, os axentes incautáronse de 1.486 xoguetes, na súa maioría de orixe chinesa, ao non acreditarse a súa legal adquisición e lícita importación.

Do mesmo xeito, formuláronse 42 actas por diferentes infraccións en materia de seguridade e consumo, relativas ás marcas, etiquetas e envases. Tamén se detectaron algúns xoguetes provistos de láser sen a correspondente inscrición informando sobre o seu perigo e clasificación de risco.

A totalidade dos xoguetes intervidos, cuxo valor ascende a uns 7.900 euros, foron precintados e postos a disposición das autoridades competentes, mentres que as denuncias foron remitidas ao Departamento de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra, así como aos organismos competentes en consumo da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...