InicioO camioneiro que atropelou unha muller na Cañiza negouse a facer a...

O camioneiro que atropelou unha muller na Cañiza negouse a facer a proba de alcolemia

Circulaba de forma errática cando atropelou á muller e seguiu a marcha sen pararse a socorrela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo o pasado fin de semana a un veciño da Rúa de 38 anos de idade, con antecedentes, por atropelar na autovía A-52 ao seu paso pola Cañiza a unha muller cando conducía un camión de forma errática. Así o informou a Garda Civil, que destacou que o camioneiro abandonou o lugar do accidente “deixando á señora ferida grave sobre a calzada”.

Os feitos ocorreron sobre as 13,00 horas do pasado sábado cando este camioneiro circulaba pola autovía A-52, sentido Ourense, “dando bandazos pola estrada”, destacan as mesmas fontes. Unha garda civil libre de servizo, destinada na Comandancia de Pontevedra, que viaxaba coa súa familia no seu coche particular, decatouse da circulación errática do camión e avisou ao Centro Operativo Complexo (062) que activou un operativo para interceptar ao vehículo, e tamén foi retendo o tráfico que circulaba detrás do devandito camión, para evitar un posible accidente.

Ademais, iniciouse un seguimento por parte da patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Cañiza, pero o camioneiro “fixo caso omiso aos sinais aos sinais acústicos e luminosos que lle facían, polo que tivo que “realizar unha manobra evasiva para non ser arroiada polo camión”. Nun momento determinado, o condutor do camión abandonou a autovía e tomou a saída 279 á Cañiza. Ao chegar ao cruce coa estrada EP-5005, saltou o sinal de STOP, e, ao seguir de fronte, impactou con varios sinais verticais e atropelou a unha muller que circulaba pola beiravía e que quedou tendida na calzada.

“O camioneiro, que continuou a marcha sen atender á persoa que atropelara”, destaca a Benemérita, puido ser interceptado uns quilómetros despois coa axuda dunha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto de Ribadavía, así como outra do Subsector de Tráfico de Ourense e dous do Destacamento de Tráfico do Porriño.

“ACTITUDE AGRESIVA”

O arrestado, un veciño da Rúa de 38 anos, foi requirido en varias ocasións para realizar a proba de alcoholemia, ao que se negou e mantivo “unha actitude agresiva en todo momento”, asegura a Garda Civil.

Os axentes procederon á súa detención como presunto autor de varios delitos por negarse a realizar a proba de alcol e drogas, contra a seguridade viaria, lesións por imprudencia grave e abandono do lugar do accidente cun ferido grave. A este condutor figúranlle varios antecedentes por delitos contra a seguridade viaria.

Pola súa banda, a persoa atropelada foi evacuada en “estado moi grave”, destacan as mesmas fontes, ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde permanece ingresada na UCI. Na mañá do domingo pasado, o detido foi presentado no xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, xunto coas dilixencias.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...