InicioInvestigados catro mozos da Guarda por agredir a un policía que tentaba...

Investigados catro mozos da Guarda por agredir a un policía que tentaba disolver un botellón

Tamén están investigados por danos sobre o coche patrulla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil identificou a catro mozos veciños da Guarda como presuntos autores das agresións causadas a un policía local cando tentaba disolver un botellón que se realizaba na zona portuaria desa localidade.

Así o informou o Instituto Armado, que puntualiza que a estes mozos se lles atribúe tamén outro delito de danos polos danos que sufriu o coche patrulla. Os feitos sucederon a madrugada do pasado día 5 deste mes cando dous compoñentes dunha patrulla da Policía Local pretendían disolver un botellón no porto da Guarda.

“Ao proceder á identificación de dúas dos integrantes, víronse cercados pola multitude e un dos policías locais resultou ferido despois de recibir varios golpes”, relatan as mesmas fontes O axente municipal, que continúa de baixa para o servizo, tivo que recibir asistencia médica no Punto de Atención Continuada (PAC) da localidade da Guarda, aseguraron as mesmas fontes.

Como consecuencia do altercado, tamén resultou afectado “con danos de consideración”, puntualizan as mesmas fontes, o vehículo oficial da Policía Local, ao que lle romperon un dos espellos retrovisores e o cristal da luneta traseira, “quedando inservible para o servizo durante o sete días que durou a reparación”, matiza.

As pescudas realizadas polos efectivos do Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Tui, que se fixo cargo das investigacións, concluíron coa identificación os principais responsables dos incidentes.

ATENTADO CONTRA AXENTE

Respecto diso, a Benemérita resalta que se trata de catro mozos de entre 20 e 25 anos, todos eles veciños da Guarda, aos que se lles notificou a súa condición de investigados como presuntos autores dos delitos de atentado contra un axente da autoridade no exercicio das súas funcións e danos.

As dilixencias instruídas entregáronse no xogado de Instrución de garda de Tui, onde deberán comparecer os investigados cando sexan requiridos pola autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...