InicioUnha colisión na Cañiza deixa dous feridos, un deles de consideración

Unha colisión na Cañiza deixa dous feridos, un deles de consideración

Un dos dous turismos resultou envorcado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, ao chocar dous coches no municipio pontevedrés da Cañiza na tarde deste sábado. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu dez minutos antes das 16,00 horas, cando un particular chamaba á central de emerxencias de que dous vehículos chocaran no punto quilométrico 275 da A-52, en sentido Porriño, á altura de Parada das Achas.

No seu relato, indicaba que había un coche envorcado e que os seus dous ocupantes saíran do seu interior. Aínda que “aparentemente estaban ben”, sinala o 112, a persoa que chamou solicitaba a intervención de medios sanitarios. Así, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, dos bombeiros de Ponteareas e da Garda Civil de Tráfico. Tamén foron informados os bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos mobilizados confirmaron que os dous feridos estaban accesibles, polo que non era necesario empregar material de excarceración, e que foran evacuados polo persoal médico.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...