InicioFeridas tres mozas ao saír da vía o seu coche na PO-551...

Feridas tres mozas ao saír da vía o seu coche na PO-551 en Cangas do Morrazo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres mozos resultaron feridos na madrugada deste venres tras saírse da vía no coche no que viaxaban pola estrada PO-551, no termo municipal de Cangas do Morrazo, segundo informaron fontes do 112 Galicia e do 061.

Sobre as 3,00 horas da madrugada, un particular contactou con Emerxencias para informar da saída de vía dun vehículo, e para alertar de que podería haber varias persoas feridas.

O CIAE 112 Galicia trasladou o aviso aos servizos sanitarios, así como á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de Protección Civil de Cangas. O 061 mobilizou dúas ambulancias de soporte vital básico e trasladou a tres mulleres ao Hospital Povisa de Vigo: A.C.B.S., de 22 anos de idade; N.G.M., de 24 anos; e L.R.S., de 20 anos de idade.

Como consecuencia do accidente, a estrada estivo cortada ao tráfico varias horas, e foi necesaria a intervención do servizo de mantemento da vía para restablecer as condicións de seguridade.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...