Un home de 20 anos domiciliado en Vigo, O.T.C., foi detido nesta cidade por, supostamente, propinar unha patada a un axente que realizaba labores de control e tentar agredir a outro.
Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar este martes sobre as 16,30 horas, cando un mozo se dirixiu en actitude ameazante cara a axentes que realizaban labores de control na avenida de Galicia e comezou a tentar intimidalos.
Aínda que os policías trataron de acougalo, o home continuou as súas ameazas e insultos e incrementou a súa agresividade. Tras negarse a identificarse a pesar de ser requirido para iso, propinou unha patada a un axente e tentou a agredir a outro, polo que foi reducido e detido.