InicioSucesosUn ciclista dá positivo en cocaína e opiáceos tras verse implicado nun...

Un ciclista dá positivo en cocaína e opiáceos tras verse implicado nun accidente no Paseo de Alfonso

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ás 20:15 horas deste domingo 15 de xullo produciuse un accidente por alcance no
Paseo de Alfonso XII. No mesmo víronse implicados unha bicicleta e un turismo.
O ciclista -un varón de 50 anos- someteuse á proba de drogas cun resultado positivo en cocaína e opiáceos, e que se tramitou por vía administrativa.

Ademais, o día anterior, sábado 14 de xullo, tivo lugar un atropelo ás 13:53 horas na Rúa Elduayen. Ao parecer, o condutor dunha motocicleta que se atopaba estacionada sobre a
beirarrúa incorporábase á circulación, e na manobra de acceso á calzada golpeou a dous peatóns.

A motocicleta era conducida por un varón de 48 anos. As atropeladas, de 23 e 27 anos respectivamente, responden ás iniciais de M.H.D. e K.L. e ambas resultaron feridas de carácter leve.

 

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...