InicioVigo e contornaMosA colisión de tres camións na A-55 sáldase con dous feridos en...

A colisión de tres camións na A-55 sáldase con dous feridos en Mos

Ocorreu nunha zona limítrofe co concello do Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A colisión de tres camións rexistrada este venres na autoestrada A-55 ao seu paso polo termo municipal de Mos saldouse con dúas persoas feridas.

Así o informou o 112 Galicia, que indicou que tivo coñecemento do sinistro pasadas as 9,00 horas a través da chamada dun particular que informou dunha colisión entre varios camións na autoestrada A-55, no concello de Mos.

Así mesmo, sinalou que dun dos vehículos saía fume. No transcurso da chamada axentes da Policía Autonómica tamén comunicaron o suceso ao 112 Galicia.

Por iso, os xestores do 112 avisaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Baixo Miño e á Policía Local de Mos. Tamén foron informados os Bombeiros de Vigo e a Policía Local do Porriño, ao tratarse o lugar onde ocorreron os feitos, unha zona limítrofe entre ambos os concellos.

Por parte dos servizos sanitarios confirmaron, posteriormente, que dúas persoas tiveran que ser trasladadas.

Para manter e restablecer a seguridade da vía, por parte do CIAE-112 tamén se informou ao Centro de Xestión de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...