InicioSucesosDetido en Vigo un condutor que golpeou a un axente e negouse...

Detido en Vigo un condutor que golpeou a un axente e negouse a facer o test de alcoholemia tras chocar contra un muro

O home chegou a perder o equilibrio en varias ocasións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo por senllos delitos de atentado contra axente da autoridade e de desobediencia grave a un condutor de 33 anos que golpeou e deu unha patada a un policía e negouse a realizar a proba de alcoholemia, despois de chocar contra o muro dunha vivenda.

Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 20,15 horas deste xoves, cando unha persoa informou de que un turismo chocara contra o muro de peche dunha propiedade na estrada do Monte Alba.

De acordo con estas fontes, ao parecer o vehículo transitaba pola estrada e chegado a un punto, detívose. O condutor entón apeouse do turismo e empezou a fumar mentres facía o xesto de ouriñar, tras o que necesitou de varios intentos ata conseguir meterse no coche. A continuación, o home reiniciou a marcha “de maneira brusca”, facendo renxer as rodas, e acto seguido perdeu o control do vehículo e impactou contra o muro da vivenda.

Unha patrulla desprazouse ata o lugar, onde atopou que o home, vigués de 33 anos, mostraba dificultades para manter o equilibrio, chegando a caerse ata en tres ocasiones. Por estes motivos, solicitouse a presenza da unidade de atestados para realizarlle a proba de alcoholemia.

Mentres esperaban pola dotación, o home empezou a alzar a voz e a insultar aos axentes, chegando a golpear o vehículo policial. Aínda que os efectivos tentaron acougalo, o home tratou de volver golpear o coche patrulla, o que pararon os axentes, momento en que o condutor golpeou no peito e deu unha patada a un dos efectivos. Por todo iso procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...