InicioVigo e contornaRedondelaUn choque en Redondela deixa dúas persoas no hospital

Un choque en Redondela deixa dúas persoas no hospital

Aconteceu na noite do mércores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios da cidade de Vigo despois dunha colisión na que se viron implicados os seus respectivos vehículos na localidade de Redondela. Segundo informou o 112 Galicia, pouco despois das 23,00 horas un particular alertou dunha colisión entre dous turismos na estrada N-550. Ademais, indicou que aínda que nun primeiro momento os implicados non estaban feridos, empezaban a atoparse mal e solicitaban asistencia médica.

Nese momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deu aviso aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. De acordo co 112, finalmente dúas persoas foron trasladadas a centros hospitalarios de Vigo, unha delas ao Hospital Álvaro Cunqueiro e outra ao Hospital Vithas (antigo Fátima). Así mesmo, para restablecer a seguridade da vía avisouse ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...