InicioSucesosIncendio nun barco bateeiro en Bueu

Incendio nun barco bateeiro en Bueu

Non se rexistran persoas feridas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio declarado nun barco na mañá deste luns no municipio de Bueu causou importantes danos na embarcación, pero non houbo feridos. Así o informou o 112 Galicia, que relatou que os feitos sucederon nunha zona de bateas, enfronte da Praia de Lapamán, sobre as 10,45 horas.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do incendio, tras o que os xestores do CIAE puxeron a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, que coordinou o operativo de extinción e no que tamén interviñeron o Servizo de Gardacostas de Galicia e a Garda Civil.

Ademais, está previsto que os Bombeiros do Morrazo leven a cabo tarefas de arrefriado na embarcación tras ser esta remolcada ao Porto de Marín.

 

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...