Tres feridos leves nun choque entre dous vehículos en Cangas

Ambulancia trasladando un paciente

Tres persoas resultaron feridas leves na mañá deste domingo nun choque producido entre dous vehículos no municipio pontevedrés de Cangas. Segundo informa o 112 Galicia, recibiu a alerta do accidente a través dos servizos sanitarios poucos minutos despois das 11,00 horas. Ocorreu na comarcal PO-551, á altura da rotonda da travesía de Ourense.

Nese momento, os xestores do 112 pasaron o aviso aos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, así como aos bombeiros do Morrazo e a Protección Civil de Cangas.

Finalmente, os tres persoas foron trasladadas polo 061 en estado leve ata o centro médico de referencia, mentres que o persoal de mantemento da vía traballou no punto para garantir a seguridade na circulación.