InicioSucesosFalece un xogador do equipo xuvenil do Coruxo F.C. que estaba de...

Falece un xogador do equipo xuvenil do Coruxo F.C. que estaba de vacacións en Malta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Coruxo Fútbol Club vén de comunicar con profunda tristura a súa desolación e incredulidade trala morte de Fabio Soto, xogador da categoría Xuvenil, en división Nacional, estando de vacacións cuns amigos na illa Delimara, en Malta, tras precipitarse por un acantilado.

O xogador do Coruxo desapareceu onte martes ao redor das 19:20 horas, momento no que os membros da Unidade de Intervención Rápida, Departamento de Protección Civil e as Forzas Armadas de Malta iniciaron unha procura en toda a zona e o perímetro sobre a praia de St. Peter’s Pool.

Segundo informan desde a páxina oficial do club, “a procura tivo que ser detida ao chegar a noite, pero os equipos de rescate regresaron esta mañá do mércores. Foi ao redor das 08:00 h. cando os membros das Forzas Armadas de Malta informaron á policía que se avistou un cadáver no fondo do mar, que foi identificado. A investigación policial está en curso coas autoridades xudiciais de Malta”.

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...