InicioSucesosA Policía intervén nunha festa ilegal en Vigo

A Policía intervén nunha festa ilegal en Vigo

Foron identificadas case unha trintena de persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local identificou a case unha trintena de persoas ás que tamén propuxo para sanción tras desmantelar unha festa ilegal que se celebraba nun baixo situado en Vigo.

Fontes policiais explicaron que os feitos tiveron lugar sobre as 23,10 horas deste luns, cando un particular alertou de que ao redor dunha trintena de persoas participaba nunha festa nun inmoble situado na canella de Núñez tras advertir luces de cores e música provinientes do mesmo.

Como consecuencia, un total de cinco patrullas da Policía Local mobilizáronse ao lugar. Así, unha delas identificou un total de oito persoas ás que propuxo para sanción por incumprir as restricións establecidas.

Posteriormente, unha segunda patrulla accedeu ao inmoble, onde se realizaron novas filiacións e propostas para sanción, que sumaron un total de 27, tras constatarse que un grupo de persoas reuníase no baixo e a primeira planta.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo será xulgado tamén por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá o...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...