InicioSociedadeRécord de positividade do virus na área de Vigo: un 13,2%

Récord de positividade do virus na área de Vigo: un 13,2%

Case é o triple do recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria en Galicia debido á incidencia da pandemia do coronavirus continúa á alza, con 23 ingresados máis nun día que eleva a cifra global ata os 491. Ademais, segundo consta na web da Consellería de Sanidade, con datos actualizados ás 18,00 do luns, a taxa de positividad das PCR realizadas na Comunidade disparouse ao 12,6%, cando a Organización Mundial da Saúde (OMS) marca no 5% o limiar para dar por controlada a pandemia.

No que respecta á presión hospitalaria, todas as áreas sanitarias experimentaron un ascenso, coa única excepción de Pontevedra-O Salnés. En Vigo, que experimentou unha subida de catro pacientes, a cifra sitúase en 65 ingresados, 20 deles (+1) en críticos.

POSITIVIDAD DAS PCR

Á parte do aumento progresivo da presión hospitalaria observado nos últimos días, a taxa de positividad das PCR alcanzou o seu valor máximo desde a primeira onda, na primavera do 2020.  En concreto, a da área de Vigo é do 13,3%.

NOVOS POSITIVOS

Nas últimas 24 horas, o Sergas realizou 6.232 probas PCR, un importante descenso de 1.817 con respecto ás 8.049 do día inmediatamente anterior. Aínda así, os novos positivos detectados creceron en 92, ata os 719 nunha soa xornada. Na área de Vigo, hai 140 positivos notificados, 29 máis. En canto a casos acttivos a cifra sobe en 95 persoas ata situarse en 1.579.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...