InicioSucesosAtopan escondidos no baño a clientes dun bar de Vigo que incumpría...

Atopan escondidos no baño a clientes dun bar de Vigo que incumpría os horarios de peche

A Policía Local tamén sorprendeu a 9 persoas non convivientes participando nunha festa de madrugada

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo tramitou  expediente de sanción contra unha parella da cidade, propietarios dun local de hostalaría na rúa Barcelona, por incumprir as restricións de horario e ter varios clientes ocultos no baño do establecemento.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a última hora da tarde do sábado, cando unha chamada anónima alertou ao 092 de que había un local na rúa Barcelona con clientes no interior, a pesar de que a norma establece como horario de peche as 17,00 horas.

Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse coa muller propietaria, quen asegurou que non había clientes no establecemento, e que só estaba a súa filla, que lle estaba axudando a limpar. A filla corroborou a versión da nai, asegurando que só estaban elas dúas no local.

Con todo, os policías escoitaron ruído ao fondo do bar, e dirixíronse cara alí, sorprendendo no baño a un home escondido, cunha copa de whisky na man e sen máscara; no servizo de señoras ocultábanse tres mulleres, cada unha coa súa consumición e todas sen máscara. Todos eles foron propostos para sanción.

Ao inspeccionar a cociña, os axentes atopáronse co copropietario do local, parella da dona e, no interior do establecemento, descubriron un almacén cunhas escaleiras que dan a un patio traseiro, por onde “probablemente sairía máis xente”.

FESTA DE MADRUGADA

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén interveu, na madrugada do sábado, nun local onde se estaba celebrando unha festa. Tras unha chamada anónima, os axentes desprazáronse a un establecemento na estrada do Monte Alba.

Unha vez alí, comprobaron que había nove persoas, todas elas sen máscara e non conviventes, polo que foron propostas para sanción.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...