InicioSucesosEvacuada unha familia de tres membros por un incendio provocado por unha...

Evacuada unha familia de tres membros por un incendio provocado por unha manta eléctrica nunha vivenda de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha manta eléctrica provocou un incendio nunha vivenda en Vigo, polo que unha familia de tres membros, un deles menor, tivo que ser evacuada a un hospital con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

Todo comezou sobre as 2,30 horas da madrugada no número 9 da rúa Manuel de Castro. O 112 Galicia tivo constancia do lume a través da chamada de alerta dun dos residentes, que explicou que as lapas comezaron nunha manta eléctrica e que a concentración de fume nas estancias era bastante molesta.

Así, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos bombeiros de Vigo e dos axentes da Policía Local. Finalmente, o tres membros da familia foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro por parte dos servizos sanitarios desprazados ao lugar.

ÚLTIMAS

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...