InicioSucesosDous feridos nunha colisión múltiple en Redondela

Dous feridos nunha colisión múltiple en Redondela

O accidente produciuse na N-552, ao fío das 9,10 horas. Foi, nese momento, cando un particular deu a voz de alarma sobre o accidente ao 112 Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste venres en Redondela  nunha colisión con tres turismos implicados. Segundo a información recollida no 112 Galicia, os dous accidentados tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

O accidente produciuse na N-552, ao fío das 9,10 horas. Foi, nese momento, cando un particular deu a voz de alarma sobre o accidente ao 112 Galicia.

O 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, do Servizo de Emerxencias e Incendios de Redondela e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...