InicioSucesosPiden 9 anos de cárcere a un home por tentar agredir sexualmente...

Piden 9 anos de cárcere a un home por tentar agredir sexualmente a outro na estación de Vigo-Guixar

O procesado levou ao agredido ao baño, onde tratou de que lle realizase unha felación. Ao negarse e presentar resistencia, o acusado sacou unha navalla coa que buscaba intimidar ao agredido.

PUBLICADO O

Un home enfróntase a unha petición de 9 anos de cárcere por tentar agredir sexualmente a outro home que se atopaba en estado de embriaguez e ao que chegou a ameazar cunha navalla no interior dos baños da estación de tren de Vigo-Guixar.

O xuízo contra este home terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo.

Os feitos remóntanse á madrugada do 28 de decembro de 2019, cando o acusado presuntamente abordou á vítima e a unha amiga deste no momento en que se dirixían a coller un tren na estación de Vigo-Guixar.

Segundo figura no escrito de Fiscalía, o acusado ofreceuse a axudar á vítima, que estaba en estado de embriaguez, mentres a súa amiga se dirixía ao portelo a comprar os billetes de tren.

Nese momento, o procesado levou ao agredido ao baño, onde tratou de que lle realizase unha felación. Ao negarse e presentar resistencia, o acusado sacou unha navalla coa que buscaba intimidar ao agredido.

Nese momento, irromperon no baño dous gardas de seguridade da estación alertados pola amiga da vítima.

O acusado, en prisión provisional desde o día despois dos feitos, ten diagnosticado un trastorno bipolar que, segundo Fiscalía, non afecta á súa capacidade de percibir a realidade pero si á forma na que entende os feitos polos que será xulgado.

En definitiva, o Ministerio Público reclama nove anos de cárcere para o acusado, para o que tamén solicita outro oito anos de liberdade vixiada.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...