InicioSucesosDetido por subtraer dous computadores portátiles nunha empresa do Porriño

Detido por subtraer dous computadores portátiles nunha empresa do Porriño

O autor da subtracción acabou vendéndoos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 52 anos domiciliado no Porriño foi detido tras, supostamente, subtraer dous computadores portátiles nunha empresa desta localidade e vendelos.

Segundo declararon fontes da Garda Civil, a actuación enmarcouse nas investigacións e controis que realizan axentes do corpo en distintos establecementos de compra-venda de obxectos de segunda man.

Deste xeito, efectivos do posto de Baiona-Nigrán comprobaron que dous computadores cuxa subtracción fora denunciada recentemente no Porriño figuraban como rexistrados nun destes locais situado en Vigo.

Mediante investigacións realizadas pola Garda Civil, identificaron ao home que vendera os computadores no establecemento.

Por este motivo, foi detido como presunto autor dun delito de furto. Tras instruírse as correspondentes dilixencias e entregalas no Xulgado de Instrución de garda do Porriño, este home quedou en liberdade en sede policial.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...