InicioSociedadeIncautadas dúas plantacións de marihuana en galpóns en As Neves e Salvaterra...

Incautadas dúas plantacións de marihuana en galpóns en As Neves e Salvaterra de Miño

En total foron requisadas 46 plantas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil identificou e investiga a dous veciños de Salvaterra e As Neves (Pontevedra), de 36 e 33 anos respectivamente, como supostos responsables de senllas plantacións de marihuana nestes municipios.

Segundo informou o Instituto Armado, en Salvaterra localizouse unha plantación ‘indoor’ nun alpendre anexo a unha vivenda, no que había cinco focos halógenos, un ventilador e un termostato para o cultivo de 28 plantas. Así mesmo, atopáronse outras 78 macetas baleiras, coas plantas recentemente cortadas.

No caso das Neves, foron requisadas 18 plantas noutro galpón anexo a unha vivenda. Os exemplares medían entre 1,5 e 1,8 metros de altura. As dilixencias foron postas en coñecemento do xulgado de garda de Ponteareas, onde deberán comparecer os investigados cando sexan requiridos.

EXPLOTACIÓN ILEGAL DE HÍBRIDOS DE XABARIL

Por outra banda, a Garda Civil informou da localización dunha explotación ilegal de jabalíes e outros animais en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Trátase dun lugar de cría de animais silvestres e pezas de caza en catividade, onde se atoparon varios exemplares de híbridos de xabaril, procedentes de cruces entre jabalíes e porcos domésticos.

O dono da leira non achegou documentación algunha sobre a autorización para a cría e tenencia deses animais, alegando que os tiña para consumo propio. Por iso, instruíronse dilixencias por varias infraccións, pola captura inxustificada de especies de fauna silvestre e pola posesión de pezas de caza viva sen xustificar a súa procedencia.

ÚLTIMAS

Unha persoa detida nun operativo antidrogas na contorna da rúa Aragón en Vigo

Polo menos unha persoa foi detida nun operativo antidrogas desenvolvido por axentes da Policía...

O Álvaro Cunqueiro, primeiro hospital de España en administrar terapia xénica para tratar a hemofilia B

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi o primeiro de España en aplicar, este mércores, a...

Caballero celebra a aposta do Goberno por Sparc: “Xa temos luz verde para a fábrica de microchips”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a asignación de 17,2 millóns...

Protestas en Beade despois de tres días sen auga: “Con esta calor, non ducharse é noxento”

Veciños da parroquia viguesa de Beade denunciaron a situación que viven tras estar desde...