InicioSucesosFeridas dúas persoas nun accidente con dous coches implicados en Mos

Feridas dúas persoas nun accidente con dous coches implicados en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas na noite deste xoves nun accidente con dous coches implicados na A-55 ao seu paso polo termo municipal de Mos.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente tivo lugar uns minutos antes da medianoite no punto quilométrico 13 da A-55 ao seu paso pola parroquia de Sanguiñeda, no termo municipal pontevedrés de Mos.

Varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar do sucedido e solicitar asistencia médica para as dúas ocupantes dun dos vehículos. De acordo coa información facilitada aos xestores do 112 por un dos alertantes, os turismos entorpecían a circulación.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron ao 112 que as dúas mulleres feridas foron evacuadas a un centro hospitalario, indicaron as mesmas fontes. Ademais, para garantir as condicións de seguridade na vía, tamén se solicitou a intervención de axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento das estradas.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...