InicioSucesosUn conductor bloque as portas do bus para evitar un atraco a...

Un conductor bloque as portas do bus para evitar un atraco a un menor

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous mozos das localidades pontevedresas de Nigrán e Gondomar como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación a un menor de idade que viaxaba nun autobús que realizaba o percorrido Vigo-Baiona, ao que lle subtraeron unha carteira con 40 euros.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon no interior do autobús cando o menor foi abordado por outros dous mozos “que se sentaron estratexicamente ao seu lado coa intención de incordialo”.

“Desta forma comezaron a increparlle con insultos e ameazas pedíndolle que lles entregase o teléfono móbil e os auriculares cos que ía escoitando música”, destacou a Benemérita.

Coa súa resistencia, o menor conseguiu evitar que os seus agresores lle subtraesen o móbil e os auriculares, pero non así a carteira con 40 euros que levaba na mochila, “que lle arrebataron de forma violenta despois de propinarlle varios golpes na cabeza”, relataron as mesmas fontes.

Ante a demanda de auxilio do menor, o condutor detivo a marcha no centro urbano de Nigrán e viuse obrigado a bloquear as portas do autocar ata que chegou unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán que procedeu á identificación dos presuntos agresores.

Estes resultaron ser dous mozos con antecedentes policiais, de 18 e 19 anos, veciños de Nigrán e Gondomar, respectivamente, confirmou a Garda Civil. Unha vez formulada a denuncia polo menor, os dous mozos foron detidos como supostos autores dun delito de roubo con violencia e deberán comparecer, cando sexan citados, no Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, onde foron entregadas as dilixencias instruídas.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...